viernes, 9 de junio de 2017

A boca do monte

3º e 4º ESO:


A boca do monte


Hai xestas que parecen imposibles de facer. Pero fanse.
E hai épocas pensadas para ese tipo de momentos heroicos. Nesta novela, a autora repasa un momento da nosa historia que é moito máis ca a construción dun túnel ou o furado brutal dunha montaña brutal. Sobre todo, é unha historia sobre a nosa historia, sobre os nosos devanceiros que foron esmagados por un imperio, o romano, ao que pouco lle importaban as xentes de Galicia máis que como man de obra á que escravizar. Pero malia a situación, sempre hai quen se rebela, sempre hai quen pelexa pola súa liberdade. Unha viaxe pola Galicia de hai moitos séculos. Pero tamén pola Roma imperial e grande que, tamen, puxo as súas gadoupas na nosa terra.

16 comentarios:

  1. Probablemente non sexa novela histórica; mais é, sen dúbida, historia de Escola e novela rubricada co sangue duns personaxes autóctonos, que viviron e actuaron realmente entroncados na paisaxe galega, dando orixe á toponimia que aínda hoxe nos nomea.

    Admirable o entramado da obra, que alterna capítulos a partires de encontros que semellan accións acaecidas histórica, perfecta e detalladamente relatadas; entretexidos os datos históricos ca recreación dunha paisaxe e un xeito de ser transformado para sempre, tal vez esquecido e remexen emocións en dous sentidos: a presente nos personaxes pacientes da intrusión do Imperio Romano e a que ven a espertar no lector desvelando a intimidade dun carácter que aínda se sospeita se se lembra.

    Perante lecturas coma esta, que ensinan sen adoutrinar, incorporamos elementos necesarios para elaborar con firmeza e resolución a figura que nos expresa, a idiosincrasia que nos constitúe. Pareceume unha obra de presenza requerida nas bibliotecas e de gran valor como ferramenta de traballo nas aulas.

    ResponderEliminar
  2. non me gustou porque era moi lento y tenia vocabulario dificil e dificultaba a lectura

    ResponderEliminar
  3. no me gusto ya que es difícil de leer porque tiene palabras que no las entendía muy bien y el tema no era de mi gusto personal ya que a mi, los libros históricos no son los que mas me gustan

    ResponderEliminar
  4. A pesar que a historia transcorre nun entorno cercano o meu, a lectura do libro non me gustou por que o vocabulario era moi difícil.

    ResponderEliminar
  5. O libro, debido a que ten moitos datos históricos, faise pesado lelo, mais a historia en si é interesante e entretida á vez que triste. Recomendaríallo sobre todo ás persoas ás que lles guste a historia e queiran coñecer como os romanos dominaron e someteron os pobos prerromanos que vivían na zona de Quiroga e Valdeorras.

    ResponderEliminar
  6. Esta novela histórica é moi recomendable para coñecer a vida tanto dos romanos coma dos pobos prerromanos que vivían na zona de Quiroga e da comarca valdeorresa no séc. I a.C. Os datos históricos están perfectamente inseridos na historia ficticia de dúas familias de habitantes prerromanos, pero certamente dificulta un pouco seguir o fío condutor da novela. Con todo, Celia Díaz conseguiu plasmar á perfección a sensación de desesperación e tristeza dos habitantes galaicos colonizados polos romanos que ven como a súa liberdade queda truncada e como os seus modos de vida, costumes, crenzas... pouco a pouco se ven ameazados polas do pobo domindor.

    ResponderEliminar
  7. unha boa historia de romanos e celtas que transcorre na zona de Quiroga na que unha historia de amor se converte no fio condutor

    ResponderEliminar
  8. É unha novela histórica , gústame que trate sobre a zona Valdeorresa, aunque faise moi pesada é ten moitos datos.
    María Barreiro Arias 4ºB

    ResponderEliminar
  9. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  10. gustuoume que se puxeran tantos datos históricos pero faceuseme un pouco pesado de ler.
    :)

    ResponderEliminar
  11. Este libro busca, dende o meu punto de vista, informar ao lector sobre a antiga sociedade castrexa e a sua relación cas diferentes figuras romanas, a sua escravización e a triste historia dos que decidiron perder a vida loitando antes de vivir toda a súa vida sometidos ao inmenso poder de Roma.

    Unha historia emocionante, cuns personaxes que agochan características impresionantes. Moi recomendable.

    ResponderEliminar
  12. É un libro un pouco aburrido para a xente da nosa idade porque ten moitos datos históricos, ainda que a historia de amor entre Nabia e Tureno é fermosa. Ideal para coñecer como se fixo o buraco de Montefurado.

    ResponderEliminar
  13. É un libro moi interesante para a nosa cultura xa que hai persoas que deberian de ler este libro para aprender un pouco da nosa cultura
    Adrián Sousa 3E.S.OB

    ResponderEliminar
  14. Paréceme unha novela interesante porque traslada ós lectores ó paqsado da nosa terra, a Galicia dos celtas, antes e durante a ocupación romana. Aprendín moito sobre a vida nos castros e costumes destes devanceiros que tanto loitaron por permanecer no seu lugar a pesar do dominio romano. Sen dúbida, Celia Díaz plasmou estes conceptos con moita perfección. Recoméndoo a calquera que lle interese o tema histórico.
    Silvia 4º A

    ResponderEliminar
  15. Foi a obra que máis gustoume deste Club de Lectura porque fala sobre cousas que ocorreron fai moitos anos cerca da Rúa e tamén interesame moito as historias da antigua Roma

    ResponderEliminar