viernes, 9 de junio de 2017

Vento ferido


1º e 2º ESO


Vento ferido

 Carlos Casares


 O libro que marca a incorporación de Carlos Casares á literatura galega.

Unha ducia de relatos curtos forman Vento ferido, o libro que deu a coñecer a Carlos Casares en 1967 no entón nacente panorama literario galego. Nesta primeira obra, o autor toca xa algúns dos temas que serán fundamentais na súa traxectoria: a memoria, a desesperanza e a violencia.
É esta última a que destaca nos descarnados contos de Vento ferido, de apenas cinco ou seis páxinas: a violencia como rito de tránsito entre a infancia e a idade adulta; a vinganza e a reafirmación ruda da masculinidade; ou o axuste de contas persoal e político.

Alternando o monólogo interior coa narración en terceira persoa, Casares retrata personaxes desesperados, vellos que agardan unha visita que os saque da monotonía, cegos, enfermos e vítimas de amores imposibles, cunha linguaxe seca e apegada á oralidade.

3 comentarios:

  1. Este libro é un pouco estraño pero entretido. Conta historias de nenos un pouco agresivos. Alguns son contos tristes e outros son moi fermosos, o que máis me gustou foi o de A RAPAZA DO CIRCO
    MARÍA R.A 2ºA

    ResponderEliminar
  2. Non me gustou o libro porque só trata temas de violencia,soidade e fatalismo. O meu relato favorito foi ¨A rapaza do circo¨ porque é unha historia de amor interrumpida.
    Érika 2ºA

    ResponderEliminar
  3. Non me gustou moito porque trata sobre a violencia ,pero penso que o autor quixo buscar a plena comunicación co lector para que se poida sentir sentimental. O conto que mais me gustou foi A Rapaza Do Circo.
    Itziar Pérez 2-A

    ResponderEliminar