viernes, 13 de enero de 2017

O único que queda é o amor



Adultos:

O único que queda é o amor

Agustín Fernández Paz (Autor/a)
Pablo Auladell (Ilustrador/a)

Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano 2007 - Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega (Infantil-Xuvenil), 2007 - 5ª Edición Premio Literario Frei Martín Sarmiento (3º ESO a Bacharelato) - Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008 - Lista de Honra do IBBY, 2010



Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián… todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles ver a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata o que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, “na vida o único que queda é o amor”. E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.

9 comentarios:

  1. COMENTARIO LIBRO: O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
    O libro de Agustín Fernández ten un tema principal como indica o seu título: o amor. O autor preséntanolo en distintas situacións empregando os dez contos que compoñen este libro. Ofrécenos historias de amor adolescente, de amor inesperado e fugaz, de amor tristeiro provocado pola morte, de morriña pola terra abandonada xa entrados nunha idade adulta etc. O escritor intenta que comecemos a valorar os pequenos detalles, as inesperadas situación, ás veces, marabillosas e outras non tanto que nos depara o noso destino.
    Este libro fai que vexas as cousas dende outro punto de vista, xa que moitas veces non valoramos o que temos nin apreciamos o noso. Día a día caemos na rutina e olvidámonos de apreciar todo o que nos rodea. Unha referencia a isto faise no conto Ríos da memoria no que o narrador nos conta como unha muller regresa a aldea da súa infancia porque quere saber como se atopa na actualidade, cando chega alí comeza a observar a súa vella casa, o río, o lugar onde dera o seu primeiro bico, recorda historias pasadas que seguramente nos seus anos mozos non as apreciaba pero que agora teñen un valor moi importante para ela. Nós ao fin e ao cabo vivimos dos nosos recordos, a vida baséase niso en escribir unha longa historia que nos defina e nos caracterice tal e como somos.
    O autor intenta describir o amor en numerosos ámbitos da nosa vida. Ás veces este relacionamolo tan só con parellas namoradas, vodas...pero neste libro faise referencia a numerosos amores, familiar, namorados pola nosa terra etc.
    Este libro é moi entretido, a pesar de que nalgunhas historias abunden as descricións, pero cada conto ten algo que acaba por facer pensar ao lector, fai que reflexione e que relacione o relato con algúns aspectos ou con algunha historia que forma parte da súa vida.


    O título do libro: O único que queda é o amor podemos interpretalo dende diferentes visións, pero a que máis se adapta é a de que o autor pretende facer un chamamento a situación que se está a vivir hoxe en día chea de guerras, de pobreza, de problemas sociais, de sociedades xerarquizadas, de prexuízos, etc Fernández Paz intenta que nos apoiemos no amor xa que como di o título é o único que nos queda para afrontar os duros problemas que está a padecer a nosa sociedade. O amor sempre vai ser a solución a todo; xa que sempre vai haber alguén que te dé forzas e ánimos para seguir adiante pase o que pase, tan só un xesto, un simple abrazo, un bico...pode facer que nos aillemos de todo e creemos o noso propio mundo en calquera parte tal e como nós desexamos.

    Amanda Rodríguez Acuña 2ºBACH

    ResponderEliminar
  2. É un libro de dez relatos relacionados co amor. Presenta personaxes variados que van desde persoas normais e correntes ata ás veces animais como o relato do can.
    Todos estes amores quedan na memoria dos personaxes dos que se falan na historia, xa que parece que se conforman co amor vivido e non se esforzan por intentar conseguilo de verdade debido a que semella que non queren pasar o resto das súas vidas cunha persoa da que realmente están namorados porque na súa relación sempre se interpon algún tipo de obstáculos. Tamén podemos encontrar a presenza da morte na maioría de todos os relatos como unha solución a ese amor. Este libro pareceume moi fácil de ler, xa que ao estar protagonizado por persoas novas maioritariamente fai que pareza máis interesante.



    ResponderEliminar
  3. Nestes contos expresanse as diferentes formas de enamoramento vivida por personaxes diferentes. Con un forte sentimento, mais ben de desamor; dende o primeiro amor adolescente ata o que vai máis alá da morte. Contén, experiencias imaxinarias irreais para os protagonistas. O amor é vivido desde o presuposto e non desde a realidade e dun xeito triste. Amores tímidos, xuventude, de descoñecidos etc. Baséase na incapacidade de conseguir o seu amado. Ao contrario de falar de ter amor fala da busca do amor.
    Moi fácil de entender. A sua lectura resultou moi melancólica.

    ResponderEliminar
  4. O libro "O único que queda é o amor" é unha recompilación de historias diferentes de lectura fluída e encadeada, cun tinte melancólico, mesturando realidade e fantasía, segundo o discorrer dos personaxes.
    Eu cambiaríalle o título: "O amor que puido ser..."
    En cada historia hai un impacto emocional e sentimental entre dous persoas que algunhas veces se atopan e outras só se intúen pero que deixan unha gran impronta na memoria arrastrada toda a vida e máis alá da morte. O que puido ser e non foi, o que foi e non puido medrar, o que nin sequera foi realidade...quedou unha fantasía, gardada coma un segredo.
    En todos os personaxes queda o desalento de non poder realizar ese amor imaxinado. Quedeime cavilando nos múltiples camiños da vida, e nas posibles traxectorias que poden ser ou non ser.

    María Cueva Lozano

    ResponderEliminar
  5. O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR
    É un libro constituído por dez relatos, uns moi breves e outros algo máis extensos, no que o tema principal é o amor. Nel, trátase o querer dende perspectivas diferentes, pois normalmente, o amor é expresado entre homes e mulleres, pero tamén hai un relato (Esta estraña lucidez) no que o amor obxecto do tema se dá entre un can e o seu amo, ou por exemplo no último e no primeiro relato no que o amor se establece entre o/a protagonista e a súa paixón pola letura.
    A finalidade do libro de transmitir sentimentos e emocións é moi efectiva, pois todos e cada un dos relatos teñen a súa historia de amor, que puido ser pasada ou actual, e nela reflíctense como se senten os protagonistas, dunha maneira que involucra ó lector.
    Trátase dun libro moi bonito, recomendable para a lectura de adolescentes, pero do que cabería criticar a pouca concordancia dalgún dos relatos co tema fundamental do libro, pois moitos relatos son similares en canto á forma e ao tema, pero en cambio hai algún, como é o caso de Loanza da filatelia, que non presenta ninguna similitude cos demais relatos constituíntes do libro O único que queda é o amor.
    Deixando a un lado o mencionado anteriormente, é moi recomendábel para os rapaces porque unha das súas características é que é moi lixeiro, en ningún momento se fai monótono e aburrido, polo que estimula a seguir lendo, e debido tamén a súa brevidade é un libro que se le con gran velocidade.

    ResponderEliminar
  6. “O único que queda é o amor” é un conxunto de relatos que conforman un caleidoscopio amosnado distintas combinacións de circunstancias iluminadas polo reflexo que na nosa vida produce o amor.
    As pezas das emocións mestúranse e dan lugar a paixases suxestivas e máxicas: a ilusión dun amor cómplice e platónico que alimenta as nosas fantasías, a ousadía de querer aquilo que non está feito para nos, o amor que traspasa a fronteira final, a provocación do misterio que se clava na alma sen ter posto obstáculo nin reserva, os secretos que se agachan no mais fondo acariciándonos a alma, os misterios que non podemos entender pero invaden os nosos recordos...
    Sentarse ou deitarse e abrir este libro...
    para deixarnos arrastrar a mundos recoñecidos ou insospeitados
    para sentir o pracer de vivir outras vidas nas que nos recoñecemos
    para lembrar que cando todo se derruba ou desaparece o único que queda é o amor.

    ResponderEliminar
  7. O libro O único que queda é o amor pertence á produción de Agustín Fernández Paz o que inclúe interesantes reflexións nos seus relatos.
    Trátase dun libro de relatos na que se narran dez historias, nas que o autor empregou o mesmo xeito de contar os acontecementos. Este modo foi: comezar a contar a historia dende os primeiro sucesos sen anticipar as consecuencias finais, as cales non serán desveladas ata o remate do relato onde o autor consegue impactar ós lectores cun inesperado desenlace.
    Por outra banda, aínda que os relatos teñen como tema de unión o amor, narran agás o último conto, historias cun final triste, rematando incluso coa morte dalgúns personaxes.
    En conclusión, O único que queda é o amor é unha lectura entretida, intrigante e nalgún momento chega a ser tan satisfactoria como a lectura dunha poesía(que afonda nos sentimentos), a pesar do seu carácter tráxico.
    RELATOS FAVORITOS
    -"Un radiante silencio". É unha clara historia de amor, amor non correspondido, na que Sara comeza a atopar tarxetas con poesías dedicadas a ela, entre as páxinas dos libro da nova libraría que comezaba a frecuentar. Porén, Sara, que comeza a inquedarse pensando quen podería estar a deixar esas notas, deixa de visitar a libraría e máis ao seu admirador: o libreiro. O libreiro rematou queimando o resto das notas que tiña preparadas ao decatarse de que Sara non volvería.

    -"Un río de palabras". Ao protagonista gústalle moito ler e compartir a súa lectura, entón ten a idea de poñer pequenos fragmentos dos libros en papeis e pegalos por todas as partes da cidade, e en lugar de que como nos anuncios poñer un teléfono nun papeliño abaixo para arrincar, el ponlle o nome do libro e o autor. Deste xeito, quere que á xente lle guste e que compre o libro. O súa idea funcionou e ao cabo duns días outras persoas empezaron a facer o mesmo que el.
    Gustáronme ambas as dúas historias, no primeiro caso, o que me chamou a atención é a presenza de poesía dentro da narrativa, este feito produciume unha maior enfatizacón coa historia e nos sentimentos dos personaxes. No segundo caso, despois de leer todos os relatos gustoume leer un conto máis alegre e esperanzador, cun tema tan interesante.
    Sandra 2º bacharelato

    ResponderEliminar
  8. Dous son os relatos que máis me gustaron deste libro.
    'Amor de agosto'. Relata unha historia moi real, quizais non agora mesmo, pero si no pasado.
    'Unha foto pola rúa'. Unha persoa vai deixando fotos pola rúa como se de pistas se tratasen para que alguén a busque e a encontre.
    Magín de Petín

    ResponderEliminar
  9. O libro en xeral reflicte a importancia que ten o amor nas nosas vidas a calquera idade, e de maneira menos explícita a influencia que ten no noso estado de ánimo.
    Os contos que máis me impresionaron foron:
    'Amor de agosto'. Conto que reflicte moi ben a realidade. Aínda que remite ó pasado, segue estando de actualidade, xa que a posición económica pode anular todos os sentimentos.
    'Ríos de memoria'. Cando se achega a vellez e os anos pasan, todos pretendemos recuperar parte da infancia volvendo ós lugares onde a vivimos, pensando que así recuperamos os anos perdidos.

    Concha (PAS do IES)

    ResponderEliminar