viernes, 7 de julio de 2017

X Xornada de Clubs de Lectura de Galicia


X Xornada de Clubs de Lectura de Galicia


Participaron 5 alumnos e 1 profesora. A viaxe foi compartida con alumnos e profesores do IES de Quiroga e do IES Río Cabe (Monforte).

A experiencia foi moi gratificante posto que ós rapaces encantáronlles o obradoiras nos que participaron: Improvisación oral 'regueifa' e Radio somerxida. O concerto fianl de  Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre foi excepcional.

Roteiro Literario


Roteiro Literario

Partindo da lectura que se fixo no Club de Lectura de A Boca do Monte (grupo de 2º ciclo da ESO), realizouse un roteiro literario en compaña da autora e de Moncho Vila (técnico de Cultura do Concello de Quiroga) grazas ó cal se visitaron lugares vinculados á novela e se comentaron cuestións relacionadas coa vida dos pobos prerromanos que habitaban na zona de Quiroga e Valdeorras, así como as distintas técnicas empregadas polos romanos para a extracción de ouro.

-Alto de Aldriz e miradoiro do Castro de Ares (Concello de Quiroga).
-Ponte Romana de Barxa de Lor (Concello da Pobra do Brollón).
-Minas de Margaride (Parroquia de Quintá de Lor - Concello de Quiroga).
-A Boca do Monte (Montefurado - Concello de Quiroga).
-As Médulas (Ponferrada).






viernes, 9 de junio de 2017

Xoguetes para un tempo prohibido

Adultos:


Xoguetes para un tempo prohibido



Unha novela retrato dunha xeración, a dos anos 1960, nos que aqueles mozos universitarios cultos e brillantes, intelixentes e soñadores acaban embarrancando no escepticismo e na amargura. Unha obra que nos achega a un tempo e a uns personaxes marcados pola perda das ilusións e polos soños derramados.
Esta novela foi galardoada co premio co que se conmemoraban os XXV anos da fundación da Editorial Galaxia. Un retrato xeracional dun grupo de amigos na Compostela universitaria de fins do século XX. O círculo universitario no que Casares se moveu na súa época de estudante na universidade aparece aquí representado pola peripecia vital de Elías, que abrangue desde a súa infancia nunha pequena vila galega ata o seu tráxico final nunha triste pensión ourensá.
Os sórdidos anos da posguerra e o seu contrapunto, os esperanzados tempos da utopía revolucionaria, acaban no alcohol, na frivolidade e o desespero. Escrita con toda a brillantez e eficacia da narrativa moderna, é unha reflexión lúcida sobre as ilusións perdidas e os soños non acadados.

A boca do monte

3º e 4º ESO:


A boca do monte


Hai xestas que parecen imposibles de facer. Pero fanse.
E hai épocas pensadas para ese tipo de momentos heroicos. Nesta novela, a autora repasa un momento da nosa historia que é moito máis ca a construción dun túnel ou o furado brutal dunha montaña brutal. Sobre todo, é unha historia sobre a nosa historia, sobre os nosos devanceiros que foron esmagados por un imperio, o romano, ao que pouco lle importaban as xentes de Galicia máis que como man de obra á que escravizar. Pero malia a situación, sempre hai quen se rebela, sempre hai quen pelexa pola súa liberdade. Unha viaxe pola Galicia de hai moitos séculos. Pero tamén pola Roma imperial e grande que, tamen, puxo as súas gadoupas na nosa terra.

Vento ferido


1º e 2º ESO


Vento ferido

 Carlos Casares


 O libro que marca a incorporación de Carlos Casares á literatura galega.

Unha ducia de relatos curtos forman Vento ferido, o libro que deu a coñecer a Carlos Casares en 1967 no entón nacente panorama literario galego. Nesta primeira obra, o autor toca xa algúns dos temas que serán fundamentais na súa traxectoria: a memoria, a desesperanza e a violencia.
É esta última a que destaca nos descarnados contos de Vento ferido, de apenas cinco ou seis páxinas: a violencia como rito de tránsito entre a infancia e a idade adulta; a vinganza e a reafirmación ruda da masculinidade; ou o axuste de contas persoal e político.

Alternando o monólogo interior coa narración en terceira persoa, Casares retrata personaxes desesperados, vellos que agardan unha visita que os saque da monotonía, cegos, enfermos e vítimas de amores imposibles, cunha linguaxe seca e apegada á oralidade.

viernes, 13 de enero de 2017

O único que queda é o amor



Adultos:

O único que queda é o amor

Agustín Fernández Paz (Autor/a)
Pablo Auladell (Ilustrador/a)

Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano 2007 - Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega (Infantil-Xuvenil), 2007 - 5ª Edición Premio Literario Frei Martín Sarmiento (3º ESO a Bacharelato) - Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008 - Lista de Honra do IBBY, 2010



Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián… todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles ver a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata o que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, “na vida o único que queda é o amor”. E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.